Na aula infantil “picapeque” pensada para menores de 3 anos traballamos a base de proxectos, cada día unha actividade diferente: control motor, artes plásticas, inglés, música...
Como principais obxectivos: adquirir normas de convivencia, autonomia, de rutinas de aula, normas de hixiene...
O principal é facer que disfruten ó máximo, xogando e cos seus iguais polo que usamos unha metodoloxía participativa, con disciplina positiva, seguindo o ritmo natural do neno ou nena centrándonos en que o tempo de ocio d@ nen@ sexa de calidade.
Nas tardes realizamos actividades artísticas e deportivas para que os nenos e nenas aprendan xogando mentres se divirten.
Cada día unha actividade diferente:
zumba kids, pintura, psicomotricidade, cociña en inglés, speaking, teatro, ioga, ciencias locas e reforzo educativo.
Todos os días Xogo libre de 16:30 a 20:00